miércoles, 14 de enero de 2026

🌟🧂 A choiva de estrelas

 Seguimos descubrindo que a ciencia pode ser tan sinxela como sorprendente. Nesta ocasión realizamos un experimento empregando materiais cotiáns que permitiron observar un fenómeno moi chamativo.

Con atención e curiosidade, o alumnado converteuse unha vez máis en auténtico investigador e investigadora.

Preguntámonos que sucedería se engadiamos sal a unha mestura de auga e aceite.
Moveríanse os líquidos? Mesturaríanse? Podería aparecer algún efecto inesperado?


👀 Que observamos?

Os grans de sal atravesaron o aceite e, ao chegar á auga, comezaron a baixar e subir lentamente, creando un efecto visual moi atractivo, parecido a unha choiva de pequenas estrelas. Co paso do tempo, o movemento foi diminuíndo ata que o sal se disolveu por completo.