No Club de Ciencias do CPI Terras de Maside seguimos demostrando que a ciencia pode ser tan sorprendente como divertida. Nesta ocasión realizamos un experimento sinxelo, moi visual e cheo de cor: o arco da vella con lacasitos.
A partir dun material cotián e moi coñecido polo alumnado, observamos como a ciencia está presente tamén nas cousas máis pequenas… e deliciosas.
🔍 Que queriamos descubrir?
Preguntámonos que pasaría ao poñer lacasitos arredor dun prato con auga quente.
As cores mesturaríanse? Desaparecerían? Ou formarían algo novo?
👀 Que observamos?
Pouco a pouco, as cores dos lacasitos comezaron a soltarse e a desprazarse cara ao centro do prato, formando un arco da vella espectacular. Cada cor avanzaba sen mesturarse coas demais, creando un debuxo chamativo e moi ordenado.
