miércoles, 3 de junio de 2026

Utilizando el microscopio

 



Alumnado observando levaduras, algas y hongos.


Algas unicelulares


Levaduras que fermentan zumo de uva para dar vino


Moho negro del pan


Hongo de Fleming del cual se extrajo la  penicilina


Alumnado extrayendo células de su mucosa bucal


Células de la mucosa bucal, donde se observa el núcleo, citoplasma con orgánulos y rodeado de membrana plasmática


Haciendo maquetas de células.


analizando células vegetales de la epidermis de la cebolla


En la célula vegetal observaron el núcleo dispuesto lateralmente, la forma geométrica y la gruesa pared celular


observación de paramecios en división























Relieve e volcáns

 


Estos alumnos/as están traballando o relieve e os volcáns. Así como as reaccións químicas con vinagre e bicarbonato. 

miércoles, 14 de enero de 2026

🌟🧂 A choiva de estrelas

 Seguimos descubrindo que a ciencia pode ser tan sinxela como sorprendente. Nesta ocasión realizamos un experimento empregando materiais cotiáns que permitiron observar un fenómeno moi chamativo.

Con atención e curiosidade, o alumnado converteuse unha vez máis en auténtico investigador e investigadora.

Preguntámonos que sucedería se engadiamos sal a unha mestura de auga e aceite.
Moveríanse os líquidos? Mesturaríanse? Podería aparecer algún efecto inesperado?


👀 Que observamos?

Os grans de sal atravesaron o aceite e, ao chegar á auga, comezaron a baixar e subir lentamente, creando un efecto visual moi atractivo, parecido a unha choiva de pequenas estrelas. Co paso do tempo, o movemento foi diminuíndo ata que o sal se disolveu por completo.





🌈🍬 O arco da vella con lacasitos

 No Club de Ciencias do CPI Terras de Maside seguimos demostrando que a ciencia pode ser tan sorprendente como divertida. Nesta ocasión realizamos un experimento sinxelo, moi visual e cheo de cor: o arco da vella con lacasitos.

A partir dun material cotián e moi coñecido polo alumnado, observamos como a ciencia está presente tamén nas cousas máis pequenas… e deliciosas.


🔍 Que queriamos descubrir?

Preguntámonos que pasaría ao poñer lacasitos arredor dun prato con auga quente.
As cores mesturaríanse? Desaparecerían? Ou formarían algo novo?


👀 Que observamos?

Pouco a pouco, as cores dos lacasitos comezaron a soltarse e a desprazarse cara ao centro do prato, formando un arco da vella espectacular. Cada cor avanzaba sen mesturarse coas demais, creando un debuxo chamativo e moi ordenado.



Comeza unha nova aventura científica 🔬👩‍🔬👨‍🔬🏫

Co comezo do curso 2025–2026, o Club de Ciencias do CPI Terras de Maside volve abrir as súas portas á curiosidade, á experimentación e ás ganas de aprender facendo. Ao longo deste curso, todo o alumnado converterase en pequeno investigador e investigadora, poñendo a proba ideas, formulando preguntas e descubrindo que a ciencia tamén pode sorprender, divertir e entusiasmar.

Neste blog recolleremos os experimentos realizados, as nosas observacións e, sobre todo, a ilusión compartida de aprender xuntos. Convidámoste a acompañarnos nesta viaxe chea de probas, hipóteses e descubrimentos… porque a ciencia non só se estuda, vese, tócase e vívese.

Benvidos e benvidas ao noso laboratorio virtual 🔬✨

miércoles, 25 de junio de 2025

Así latexa a ciencia! Construíndo un pulsómetro.

Os nosos pequenos científicos mostran como funciona o pulsómetro que construíron coas súas propias mans.

A través desta actividade, aprenderon sobre a electricidade, o ritmo cardíaco e como a tecnoloxía pode axudarnos a entender mellor o noso corpo. Un proxecto tan educativo como emocionante!







viernes, 21 de marzo de 2025

Células 🦠 🔬 🧫 🎨

Os alumnos deron vida á bioloxía construíndo maquetas de células na clase.

Con plastilina, cartón e creatividade, representaron organelos como o núcleo e as mitocondria. Unha forma divertida e práctica de aprender sobre a célula!